A Olería en Buño

Oficio de tradición milenaria, transmitida a través de xeracións, que perdura na catualidade tanto a elaboración dun xeito tradicional do barro extraído no Couto dos Barreiors, preto de Buño, e os utensilios domésticos de uso cotián: cuncas, pratos, cacheleiras, viradeiras, etc.

A partir desta materia prima, hoxe tamén se fan outras pezas de tipo decorativo como ánforas, candelabros, pés de lámpadas, colgantes, aneis, pendentes... dándolle así outra utilidade ó barro.

O proceso desde a extracción do barro ata a preza rematada e longo. O primeiro é o pisado e cribado para separar o barro da pedra, hoxe en día este proceso faise a máquina, logo a arxila mézclase con auga ata facer unha masa que o oleiro grama no taboleiro dándolle forma. Este anaco de barro é o que leva o torno, e alí o modela coas mans o tempo que fai xirar a roda ata conseguir a peza desexada. Xa está lista para secar e logo proceder á súa decoración. Máis tarde lévase o forno a altas temperaturas e durante un tempo prolongado, xa que este barro soporta ata 1.200 grados centígrados.

Os roles na olería tradicionalmente perduraron a través dos séculos, relegando ás mulleres a tarefas máis duras como pisar o barro, carrexar os cestos cas olas cara os fornos...

Por manter este oficio dun xeito tradicional a través dos séculos, os oleiros de Buño foron galardoados coa Medalla de Ouro das Bellas Artes no ano 2008.