A miña obra:

Vasijas Vasijas Vasijas Vasijas Vasijas Vasijas

A miña obra é moi variada, abarca dende pezas decorativas até pezas de uso cotián seguindo a tradición acenstral da olería de Buño, todas elas elaboradas a partir de barro de Buño e decoradas con engobes ou adornos cromáticos: óxido de manganeso para tonos marróns, cobalto para azuis, cobre para os verdes e combinacións destes e outros pigmentos para unha amplia gama cromática. Todas as pezas son únicas aínda que comparten un denominador común: fermosas e variadas espirais, abertas á vida, á cor e ó movemento.

Dentro das pezas de uso cotián encontramos: castiñeiros, viradeiras, potas, pratos, cuncas, cacheleiras, botes para os allos e cebolas, xogos de café, viño e chupitos.

Xa no terreo decorativo citar ánforas, botixos, candelabros, mouchos, lapiceiros, petos, cestos e caretas. Ademáis por encarga: agasallos de empresa e festexos como bodas, bautizos, etc, e o mesmo pezas personalizadas con nomes, datas, logotipos, etc.

Destacar no ano 2002 a colaboración co recoñecido pintor galego Xusto Moreda conseguindo unha integración entre o barro elaborado imprimíndolle o carácter persoal e incofundible das mans de Lola e a singular e máxica pintura de Xusto, das facianas de grandes ollos de cores verdes e azuis, labios voluminosos e estrañas cabeleiras de ondas. Desta colaboración xurde unha exposición baixo o lema "O expresionismo na alfarería de Buño" que ven a coincidir coa mostra de alfarería de Buño 2002.